NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Os I Premios da Industria Musical de Galicia teñen xa gañadoras e gañadores

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

A cita tivo lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde foron entregados os premios nun animado encontro sectorial cun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega

Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, xa teñen gañadores e gañadoras. A gala de entrega de premios tivo lugar este xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, nun encontro sectorial que deu comezo contra ás 19.30 horas.

A pontevedresa Tamara García Romero foi a presentadora encargada de conducir o encontro e anunciar ás persoas e ás iniciativas premiadas, entre todas e todos os e as finalistas alí presentes. Pola súa banda, Señora DJ foi a encargada de poñerse aos pratos para animar coa súa pinchada o peche da velada.

Imagen intermedia

Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e a Fundación Paideia elixiu ás e aos gañadoras e gañadores nas 14 categorías xerais dos premios:

- Mellor deseño de iluminación: Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
- Mellor implementación de son: Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
- Mellor empresa provedora de servizos: Vacaline.
- Mellor profesional de produción: Xabi Carnota.
- Mellor manager: Kin Martínez.
- Mellor produción discográfica: Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
- Mellor posta en escena: Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
- Mellor promotor/a-programador/a: Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
- Mellor proxecto de comunicación: Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.
- Mellor identidade visual: Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
- Mellor videoclip: Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
- Mellor evento cultural / musical: Surfing the Lérez.
- Mellor espazo musical: Sala Capitol.
- Mellor proxecto de sustentabilidade: Festival de la Luz.

Imagen intermedia

 Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionou outras dúas categorías:
- Artista do ano: Carlos Ares.
- Persoa do ano: Francisco Gómez ‘Gandy’

Publicidad

Publicidad móvil