NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Familia Caamagno publica ‘De paseo en Portugal’, o primeiro avance do seu novo LP

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

A banda celebrará no 2026 15 anos sobre os escenarios co lanzamento dun álbum producido por Raúl Pérez (La Mina)

Familia Caamagno festexará 15 anos sobre os escenarios o ano que vén. O quinteto celebrará a efeméride coa publicación dun novo disco, do que hoxe lanza o primeiro avance, ‘De paseo en Portugal’, e que xa se pode escoitar eiqui. Un tema pop, cun estribillo luminoso e catártico, que dá boa conta de todo o que está por vir.

O sinxelo, o primeiro dos tres que se darán a coñecer nas vindeiras semanas -antes da publicación do álbum que editará o selo Tremendo Audiovisual-, conta cun video animación dirixido polo premiado Xaime Miranda .

Familia Caamagno, o quinteto co directo máis divertido e poderoso da escena galega, regresará aos escenarios a principios de 2026. No mes de xaneiro, o grupo presentará o seu terceiro disco longo, producido por Raúl Pérez, do estudio granadino La Mina (espazo no que gravan algunhas das bandas de pop e rock máis coñecidas a nivel estatal, e que vén de ser galardoado nos Latin Grammy polas súas mesturas).

Cuarto párrafo de la noticia. Concluye o avanza hacia el siguiente bloque de información.

Publicidad

Publicidad móvil