Sheila Patricia anuncia un Showcase íntimo para a presentación do seu disco 'Epifanía'
O martes 16 de decembro, en Santiago de Compostela, na Casa do Taberneiro, a artista compartirá en primicia o seu novo disco nun encontro exclusivo con profesionais e público.
Sheila Patricia elixe un formato máis íntimo do habitual para dar a coñecer o seu novo album “EPIFANÍA”. A presentación terá lugar nun showcase no que a artista interpretará en directo os temas do disco e estreará a escenografía que acompañará esta última obra. O evento celebrarase o 16 de decembro ás 20:00, un día antes do lanzamento oficial do álbum.
A cita contará coa asistencia de profesionais da industria musical e seguidores próximos ao proxecto. As entradas para o público xa están á venda, con aforo limitado. O evento contará tamén con invitacións reservadas para profesionais da industria.
Tras publicar os tres primeiros adiantaos – "A Xeitosa", "Xota de Riamonte" e "Ribeirana" – Sheila Patricia prepárase agora para compartir ao completo "Epifanía", un traballo que condensa as capas creativas e emocionais que definiron o seu son ao longo da última década. O álbum explora (descrición do estilo, concepto musical ou influencias), afondando na identidade artística da autora.
“É unha escoita previa, un encontro pequeno, unha experiencia creada só para esta noite. Un paso antes de que todo vexa a luz. Unha forma distinta de coñecer Epifanía”, explica a artista.

