NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Vimbio presenta as primeiras datas da súa xira "Comeza o Xogo"

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

Durante os primeiros meses de 2026 a banda de rap emtal actuará en salas de Ferrol, Melide, Santiago de Compostela, Viego e A Coruña

Vimbio, a banda galega de Rap Metal, anuncia a súa primeira xira, que arrincará cun percorrido por salas galegas. Tras publicar os primeiros adiantos do que vai ser o seu primeiro traballo discográfico, previsto para comezos de 2026, a banda pon en marcha a xira “Comeza o Xogo”. O punto de partida terá lugar o próximo 7 de febreiro no Pub Gatos (Melide), e con ela confírmanse as datas para o 21 de febreiro na Casa das Crechas (Santiago de Compostela), o 14 de marzo no Centro Social Artàbria (Ferrol), o 18 de abril na sala Kominsky (Vigo) e por último o 2 de maio na sala Mardi Gras (A Coruña). Estas serán as primeiras datas nas que a banda presentará en vivo o seu primeiro disco.

Este anuncio ve a luz a días dun novo adianto do seu seguinte traballo discográfico. Baixo o nome de “Seres de luz”, a banda lanzará este novo sinxelo o próximo venres 19 de decembro, pechando así un ano 2025 no que se viviu o despegue do proxecto, con diversos lanzamentos de cancións, a colaboración con Hugo Guezeta ou Nadie González e concertos por toda Galicia. Desta maneira sentas as bases de cara a un ano 2026 que se prevé incluso mellor, co lanzamento do seu primeiro disco de longa duración, a xira que arrincará en salas e moitas máis actuacións por anunciar.

Publicidad

Publicidad móvil