NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

RATA anuncia dous concertos en Vigo e A Coruña na súa no xira estatal por salas

Imagen de la noticia

Os murcianos están a consolidarse como unha das agrupacións revelación do panorama estata. Os concertos terán lugar o 2 e 3 de outubro na Fábrica de Chocolate e na sala Mardi Gras respecitivamente.

A banda murciana Rata pasará por Galicia coa segunda parte da súa xira "Borrachos Tour" con dúas paradas que os levarán o venres 2 de outubro á sala La Fábrica de Chocolate de Vigo e o sábado 3 de outubro á sala Mardi Gras de A Coruña. Estas dúas datas serán a única oportunidade de ver ao dúo en salas galegas, uníndose así ao seu xa confirmado paso polo festival Osa do Mar de Burela.

As entradas para ver a un dos grandes fenómenos emerxentes da escena estatal están xa á venda por 16€ (gastos de xestión incluídos)

Imagen intermedia

A agrupación formada por Dani Sabater e Felix Esteban vén de publicar o seu primeiro disco de longa duración, "No Me Quiero Morir Nunca", unha celebración á vida ruinosa, contundente e distorsionada no que conxugan o seu pop enérxico envolto en rock desenfadado. Con este traballo baixo o brazo, os de Murcia afrontan un ano no que o seu proxecto está a eclosionar de tal forma que xa forman parte de algúns dos carteis dos festivais máis importantes da península, como poden ser o FIB, o Mallorca Live, o Cruilla ou o Cooltural entre moitos outros.

Con estas novas confirmacións, a banda eleva a súa xira estatal ata as 40 datas, reafirmando a súa posición como unha das bandas revelación deste 2026.

Publicidad

Publicidad móvil