NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Silee volve á carga lanzando 'Bruxa Curuxa'

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

O artista Bueuense vén de viralizar o seu último lanzamento, sendo unha revolución en redes sociais e plataformas. Este novo sinxelo actúa como segundo adianto do que será o se próximo Ep

Coa recente viralización do seu anterior tema, "Milajros de Amil", o artista urbano Silee volta para falar sobre o mal augurio en "Bruxa Curuxa", o seu novo sinxelo. O de Bueu escolle un ton máis reflexivo para combater os malos presaxios. No momento vital no que se atopa, onde ve como se lle abre a posibilidade de acadar os seus soños, que pasan por facer medrar a súa carreira musical, o de Bueu expón nesta bachata con elementos de funk brasileiro o seu medo a que pasen cousas malas mentres están a suceder moitas outras boas.

"Bruxa Curuxa" é o segundo adianto do que será o seu próximo EP, previsto para este ano. Nel, contrapón a figura da curuxa e da bruxa, ave e figura mitolóxica asociadas co mal augurio. Nesta ocasión, outórgalle cualidades bondadosas á bruxa, á que lle canta para que lle axude a espantar eses presaxios negativos.

Imagen intermedia

O tema vén acompañado dun videoclip dirixido por Juan Gómez e gravado en Vigo, que busca contrapoñer as sensacións sonoras da canción coas visuais da peza. Mentres o son representa a calidez e a luz, as imaxes son frías e escuras, achegando unha visión chea de contrastes para este segundo adianto.

O lanzamento deste tema coincide co anuncio da súa fichaxe polo roster de PlayPlan, axencia de management de artistas ao fronte de diferentes carreiras musicais como a de Hugo Guezeta, Sabela ou Vimbio, sendo tamén a promotora musical ao cargo da xestión de festivais como o SonRías Baixas, BIGSOUND Pontevedra, Fumega Fest e Festival do Pasatempo. Desta maneira, o artista e a empresa de Bueu buscan posicionar o proxecto de Silee nun novo escalón tanto para el como para o xénero urbano galego.

Publicidad

Publicidad móvil