NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

A segunda edición do Galicia Fest contará co éxito mundial de 'La Reina del Flow'

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

A segunda edición do Galicia Fest contará co éxito mundial de 'La Reina del Flow', a telenovela máis vista da historia de Netflix

O Galicia Fest 2026 xa está aquí, e esta tarde confirmouse a presenza do exitazo de "La Reina del Flow" por primeira vez en Vigo. A telenovela máis vista da historia de Netflix, o fenómeno musical e televisivo latinoamericano que arrasa na plataforma audiovisual, abre o cartel para unha segunda edición que promete ser, cando menos, igual que o seu debut. Farao dentro da súa nova xira internacional, que recalará en 16 países.

A segunda edición o Galicia Fest celebrarase os días 26 e 27 de xuño no Peirao de Transatlánticos de Vigo. As entradas, tanto para o venres como os abonos, sairán á venda mañá, 10 de febreiro ás 12:00 horas, cun prezo de lanzamento de 25 euros e 40 euros respectivamente. Estarán dispoñibles en www.galiciafest.gal. Este anuncio coincide coa estrea de vinte novos episodios da terceira tempada da serie, gañadora dun premio Emmy.

Imos gozar dun espectáculo que, sen dúbida, entusiasmará ao público da nosa cidade. Unha actuación pensada para un público novo, e non tan novo”, apuntou a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez. Ademais, Sánchez avanzou que “o resto do cartel do Galicia Fest 2026 anunciarase en próximas datas e contará con grupos e artistas para todos os gustos.”  

 Pola súa banda, Antonio Casal, director do Galicia Fest, quixo agradecer á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia “apostar novamente por un evento que foi un éxito rotundo na súa primeira edición e que neste 2026 apostará pola súa consolidación grazas ao talento local, nacional e, como xa vimos, tamén internacional.”

Ana Ortiz destacou que “desde a Xunta estamos encantados de ampliar esta oferta musical, senón tamén con outra serie de musicais e de espectáculos de índole artística. Pretendemos que a oferta musical da cidade de Vigo sexa o máis ampla posible e desde a Xunta de Galicia seguiremos propiciando que así sexa.”  

 Cunha programación pensada para todos os públicos, unha contorna coidada nun lugar privilexiado, zona de foodtrucks e unha oferta musical de primeiro nivel, o Galicia Fest aposta novamente por unha experiencia completa, que vai máis aló dos concertos que naceu coa vocación de converterse nunha cita anual de referencia. Vai camiño diso.

Publicidad

Publicidad móvil