NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Silee oposita ao tema galego do verán con 'Furancho', o seu novo sinxelo

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

O artista Morracense vén de obter máis de medio millón de reproduccións do seu éxito viral "Milajros de Amil". Este sinxelo exerce de cuarto adianto do seu novo traballo discográfico tras "Milajos de Amil", "Bruxa Curuxa" e "Orballo"

O artista urbano Silee vén de publicar o seu novo sinxelo "Furancho", que exerce como cuarto adianto do seu próximo traballo discográfico. Tras o enorme éxito viral de "Milajros de Amil", primeiro sinxelo desta etapa que xa conta con máis de medio millón de escoitas e que se colou entre os 20 temas máis virais de España na plataforma Spotify, e o lanzamento de "Bruxa Curuxa" e "Orballo", o bueuense atrévese agora cun dancehall con toques de reggaetón e trap que entra na terna para ser un dos himnos deste verán galego.

Segundo palabras do propio cantante, "Furancho" nace da lembranza e que está destinado a lembrar o verán de 2016, traendo de volta a súa esencia musical e dándolle un lavado de cara máis actual. Con referencias a un dos grandes himnos do dancehall estatal, "Fiebre" de Bad Gyal, Silee trata de transmitir a calor do verán, así como estar cos amigos por aí e eses primeiros e sutís momentos amorosos que se viven nesta época.

Imagen intermedia

Este enfoque contrasta cos últimos lanzamentos do artista, nos que desafogaba sobre o que estaba a vivir musicalmente. Nesta ocasión, pon o peso en saír do estudo e gozar da xente que o rodea. "Furancho" ve a luz xunto cun videoclip dirixido e realizado por Juan Gómez, gravado en Moaña e no antigo Furancho de Willy de Bueu.

Publicidad

Publicidad móvil