NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Máis de 5.500 persoas transformarán o Sar no epicentro do 'Rapants Club'

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

A banda compostelá Ulex abrirá ás 19:45 horas unha noite histórica para o indie-rock galego, na que os muradáns sairán ao escenario a partir das 21:00 horas cun directo completamente renovado

O sábado 28 de marzo o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela transformarase nunha gran pista de baile coa inauguración do "Rapants Club" Máis de 5.500 persoas asistirán ao despegue oficial da xira de presentación do novo álbum de The Rapants, nunha noite que se vislumbra como un auténtico fito xeracional para a música en galego e polo intenso “tráfico aéreo” que se verá na capital do país.

Após o éxito da venda inicial de entradas -que se esgotaron nos primeiros días-, e e a posterior ampliación da capacidade de asistencia ao recinto por parte do grupo muradán, o concerto deste sábado será a primeira oportunidade para experimentar ao vivo os novos temas do disco, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais, ademais dos grandes éxitos que definen a traxectoria da banda.

A velada, que conta co apoio do Concello de Santiago, arrancará ás 19:45 cos primeiros acordes de Ulex. A banda compostelá, chamada a triunfar na escena galega nos vindeiros anos, será a encargada de prender a mecha. A partir das 21:00 horas, os rapantes tomarán o escenario para despregar o seu son contundente: riffs de guitarra frenéticos, ritmos bailables e, por suposto, retrousos memorables. As últimas 400 entradas para esta gran festa da música en galego están á venda na plataforma www.ataquilla.com.  

"Rapants Club" é o cuarto álbum de The Rapants, un traballo que plasma o xeito de entender a vida dos membros da banda: unha mestura de estilos musicais enerxías canalizadas desde a máis sinceira. Con este lanzamento, os muradáns queren agradecer ao seu público a fidelidade e compañía ao longo destes anos. 

O disco é o resultado dunha coidada produción a varias mans entre Anxo Ferreira (ex Novedades Carminha), Raúl Pérez (La Mina), Miguel León (Boavista) e os propios rapantes. Trátase do traballo máis fiel á identidade do cuarteto: "Rapants Club" equilibra o peso das guitarras coa incorporación dos sintetizadores e móvese con solvencia entre o indie-rock e a música de baile. Os doce temas que conforman o álbum, que bebe das influencias que viaxan desde o 70 ata os 2000, están chamados a converterse en himnos xeracionais.  

Sábado 28 de marzo
Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela)
19:00h - Apertura de portas
19:45h - Ulex
21:00h - The Rapants

Publicidad

Publicidad móvil