NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

A banda vasca Belako desembarca en Galicia cunha xira de seis concertos en salas

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

A banda de post-punk vasca tocará entre outubro e novembro deste ano en Lugo, Cambados, Vigo, A Coruña, Boiro e Santiago de Compostela

Galicia recibe unha nova xira estatal co anuncio de novos directos por parte da banda vasca Belako. Tras tres anos dende a saída do seu último álbum “Sigo Regando”, o grupo de post-punk e rock volta co anuncio dun novo disco que verá a luz sen adiantos o próximo 2 de outubro, e acaba de confirmar seis concertos de presentación do mesmo en Lugo, Cambados, Vigo, A Coruña, Boiro e Santiago, englobados nunha extensa xira que os levará por salas e festivais de todo o estado español, así como por países como México ou Alemaña, en máis de 30 shows confirmados polo momento.

O tour en terras galegas dará comezo no Club Clavicémbalo (Lugo) o xoves 29 de outubro, continuando a súa andaina na sala Krazzy Kray (Cambados) o venres 30 de outubro e na sala MasterClub (Vigo) o sábado 31 de outubro. Unha semana máis tarde, a banda tocará na sala Garufa Club (A Coruña) o venres 6 de novembro e na Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) o sábado 7 de novembro, para rematar este roteiro na sala Capitol (Santiago de Compostela) o domingo 8 de novembro.

Publicidad

Publicidad móvil