O pop interxeracional máis celebrado, diverso e universal súmase ao cartel do Atlantic Pride 2026
O ‘Orgullo do Norte’ coruñés pecha o cartel da súa sétima edición, que estenderase do 5 ao 12 de xullo na cidade da Coruña, con catro novas propostas a golpe de pop, nostalxia, baile e divertidas cancións que se converteron en auténticos himnos para diversas xeracións
Pop, nostalxia, baile e grandes himnos xeracionais. O Atlantic Pride pecha o cartel da súa sétima edición –que celebrarase do 5 ao 12 de xullo na Coruña– con Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González, catro propostas que marcaron distintas etapas da música popular española desde Eurovisión, os ‘talent shows’ televisivos e as pistas de baile, conectando con públicos de diferentes xeracións grazas a cancións que son xa auténticos himnos do noso imaxinario.
Mentres, aos pratos do festival, nas pinchadas encargadas de abrir e pechar as diferentes xornadas da cita na súa sétima edición, situaranse DJ’s de referencia da escena estatal e galega, como Oro Jondo, Dennis Moore, Paola, DJ Cés, DJ90, DJ Licho e DJ Flashback. Xunto a estes novos nomes, no Atlantic Pride 2026 destacan propostas diversas e festivas como «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, Miriam Rodríguez, Whigfield, Alba Reche, Julieta, Ricky Merino, Kika Lorace, Tú peleas como una vaca, arde, Jonydasvie, Montedapena, raze, Terrae Dj’s, Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon, entre outras.
Entre o 5 e o 12 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a sétima edición do Atlantic Pride. O ‘Orgullo do Norte’ é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade da Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO)

