NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

OUR FEST 2026 desvela os horarios da súa quinta edición en Expourense

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

O recinto ourensán acollerá o 19 de setembro seis concertos sen solapamentos encabezados por The Jesus and Mary Chain, The Dream Syndicate e Fat Dog

O festival OUR FEST vén de publicar a distribución de horarios para a súa quinta entrega, que se celebrará o vindeiro sábado 19 de setembro no recinto cuberto de Expourense. Fiel ao seu formato de xornada única, a cita deseña unha programación de seis concertos encadeados sen solapamentos entre escenarios, o que permitirá ao público seguir a experiencia completa desde a apertura de portas ata a madrugada.

As portas do recinto abriranse ás 17:00 h. Para dar continuidade entre os espectáculos principais, Albert Petit DJ amenizará os cambios de escenario con seleccións de punk, power pop e música negra. A grella de actuacións queda configurada do seguinte xeito:

17:30 h | Germán Salto: O compositor madrileño inaugurará a xornada presentando o son de orientación americana do seu cuarto traballo, "Ojo de bife".
18:45 h | Triángulo de Amor Bizarro: A banda galega amosará o seu repertorio en formato trío tras o lanzamento do seu sétimo álbum, "Mi Catedral".
20:15 h | The Dream Syndicate: A formación liderada por Steve Wynn ofrecerá en Ourense a súa única actuación do ano en España repasando a súa traxectoria ligada ao "Paisley Underground".
21:45 h | The Mystery Lights: Traspaso ao garaxe punk e á psicodelia neoiorquina representados na súa recente entrega discográfica, "Purgatory".
23:15 h | The Jesus and Mary Chain: Os irmáns Jim e William Reid ocuparán o tramo nocturno para revisar catro décadas de historia e as composicións do seu último álbum, "Glasgow Eyes".
01:00 h | Fat Dog: Peche do festival e estrea en escenarios galegos para a banda londiniense coa súa combinación de electro-punk, techno e enerxía rave baseada no seu disco "WOOF".

O certame, consolida o seu formato nun recinto pechado para resguardar a experiencia musical. As entradas para esta quinta edición continúan dispoñibles na web oficial do evento a un prezo de 40 euros máis gastos de xestión.

Publicidad

Publicidad móvil